COCONECORA

Proxectos de animación e xestión sociocultural e turística.
Déixate atrapar pola nasa. Vive unha experiencia nécora.
“Non sei se saben que a Picadillo esquecéronselle as nécoras. Salvo que as metera onde dí: «Cangrejos: tanto los cangrejos de mar como de río son de escasa importancia. No se comen más que cocidos, y generalmente se sirven como entremés». A verdade é que hai as nécoras e que son un dos froitos máis sabrosos do mar. Unha boa nécora femia, de febreiro ou abril, ben chea, cos seus coráis, é do millor do millor”. Álvaro Cunqueiro, A Cociña galega, pp. 74-75.

QUE É COCONECORA?

 

Dixéronche algunha vez: Pero mira que es nécora? Daquela eres unha das nosas nécoras. Coconecora é unha empresa, ubicada en Betanzos, actual e extrovertida que da acollida a todas esas ideas diferentes que tes na túa cabeza. A nosa empresa porá todos os seus recursos (e algún máis) para levar a bo porto en formato de actividade, evento ou proxecto a maneira de cociñar a túa propia nécora dunha forma dinámica e divertida. Ao longo da nosa travesía, guiaranos día e noite o noso faro polos sendeiros da animación sociocultural e turística para ter unha experiencia única e inesquecible adaptada a calquera tipo de persoas. Condimentamos todas as nosas nécoras baixo o salitre da sostenibilidade, educación e o ocio de calidade. Coconécora nace ao abeiro da tradición e do territorio galego como aspectos diferenciadores da nosa cultura e o noso patrimonio. Se che encaixa este menú, non dubides en contactar con nós para comezar a ter unha experiencia nécora. Na nosa nasa contamos cun equipo de profesionais formados que están desexando levar a túa nécora ao caldeiro.
  • TRADICIÓN E TERRITORIO
  • CULTURA
  • DIVERSIÓN
  • RETRANCA

%

Coco

%

Nécora

Proxectos

Estes son os nosos proxectos, actividades e eventos. Divertidos, cheos de cultura, feitos con moitos agarimo e paixón para todas e todos.

Minecraft: un mundo por descubrir

O 22 de Novembro ás 17:30 h da tarde no Espazo Xove de Betanzos terá lugar a actividade: “Minecraft, un mundo por descubrir”. A través de una interfaz mol accesible, o videoxogo Minecraft permite interactuar con comodidade co mando da consola, gracias a unha organización e uns accesos moi claros e efectivos. O xogo é unha aventura de supervivencia e creación na que todo é posible.  Atopámonos nun bosque cúbico de gráficos sinxelos con texturas pixeladas e animación ríxidas coma un Playmobil. O obxectivo é cobijarnos, comer e sobrevivir. Como? construindo un refuxio, recollendo madeira, terra e pedra para a continuación construir con pico e pala. Todo esto únicamente coas nosas mans, Unha vez feito esto poderemos erguer a nosa propia casa e mesa de traballo. 

Eume Room: a escape room de Pontedeume

 O día 13 de Decebro ás 19:30h da tarde, no Espazo Xove de Pontedeume terá lugar a “Eume Room” é unha escape room, un xogo fí­sico de aventuras na que a xente nova de Pontedeume terá que resolver unha serie de enigmas e crebacabezas empregando contrasinais, combinacións e estratexia para completar unha serie de obxectivos. A Eume Room está ambientada na historia de Pontedeume no que persoas ilustres de vila coma o nobre Fernando de Andrade, o Arcebispo Bartolomé Rajoy Losada, o escritor Ramiro Fonte Crespo entre outros e outras persoeiros e persoeiras. As persoas participantes terán unha hora para solucionar unha serie de enigmas a proposta destas persoas ilustres e descubrir as chaves agochadas nos diferentes espazos e estancias.

 

Revirar e voar: obradoiro de origami

O día 14 de Decembro a partir das 12:00h da mañá no Atrio de Santa María celebrarase un obradoiro de origami, chamado: “Revirar e voar” no que se traballará a dimensión espacial, a psicomotricidade, o autocoñecemento, a imaxinación, a interación social e a concentración. Este taller estará impartido por un experto na técnica e dous monitores de tempo libre  que apoiarán ao profesor en todo momento para que a totalidade das crianzas participantes teñan unha experiencia completa e satisfactoria.  Antes do obradoiro terá lugar unha explicación da actividade tanto a pais coma crianzas da actividade a realizar por parte do profesor Origami. Ao seu lado estarán os aprendices Kirigami e Makigami para guiar na actividade ás persoas participantes. A partior dese intre, despegará o aeroplano de papel!

Cocogalería

Por se fora pouco, os coconecora, temos redes sociais. A nós gústanos chamarlles nasas sociais. Así que se queredes formar parte da nosa nasa, só tedes que premer o botón. Nas diferentes nasas atoparedes fotos, vídeos, eventos e información de todas aquelas activiades, eventos e novedades de Coconecora. E tí, xa eres unha nécora?

NovasNécora

Nesta sección iremos informando a onde imos, onde estamos e que estamos a facer.

Toda a información do que acontece en Coconecora e do mundo da animación sociocultural e turística a só un click! Mérgúllate e atopa entre as redes o ben máis prezado, o coral que tanto nos gustan as nécoras!

Contacta con Coconecora

Subscribe

* indicates required
/ ( dd / mm )
Tipo de Ocio

Please select all the ways you would like to hear from Coconecora:

You can unsubscribe at any time by clicking the link in the footer of our emails. For information about our privacy practices, please visit our website.

We use Mailchimp as our marketing platform. By clicking below to subscribe, you acknowledge that your information will be transferred to Mailchimp for processing. Learn more about Mailchimp's privacy practices here.

 As nécoras estamos en..

BETANZOS / A CORUÑA

Traballamoscon…