o blogue de coconecora

o caldeiro
da nécora cocida

Un blogue cociñado con moito agarimo, humor, moita retranca. Descobre as nosas últimas e saborosas receitas. Cincuenta por cento coco, cincuenta por cento nécora.

Receita revirar e voar

Os cociñeiros nécora fixeron fai pouco unha nova receita. Unha receita que nunca antes prepararan e levaran a cabo. Trátase dunha complexa sucesión de ingredentes que necesitan moita pericia para que osabor final teña ese regusto a ledicia. Sen medo a trabucarnos, unha experiencia única que todas as crianzas degustarán de forma especial.

Para elaborar esta receita é preciso ter moitos papeis. A ser posible papeis de moitas cores diferentes e chamativos. Por suposto un mestre de cerimonias axeitado que nesta ocasión será o Mestre Origami e os seus leais axudantes Kirigami e Makigami. Matizamos que non é preciso ter experiencia previa, xa que seguindo as instrucción é sinxelo levar a cabo a elaboración de todas as figuras que te propoñas. Para isto é importante botarlle imaxinación. Por suposto, algo de creatividade e unhas más sen medo a dobrar e firmes. Iso si, un chisco de paciencia nunca ben mal! Quizáis a cooperación e un dos ingredentes que máis éxito teñen, xa que lle dan ao prato e a elaboración un non sei que, que, que sei eu!!

Se ademáis preparades o origami no casco histórico de Betanzos, entre soportais e boa xente, o éxito estará garantizado!

Receita Eume Room

Bo serán a todas e todo. Como xa ben sabedes, aos cociñeiros do Caldeiro da nécora cocida gústalles as receitas nas que as persoas interaccionan, cooperan e socializan.

Desta volta, voltamos cunha vella coñecida: a escape room. Coma nos gusta que cada receita teña o seu toque único, hoxe adaptamos a receita da escape room á historia de Pontedeume.

Como xa sabedes, é ideal para grupos de amigos con ganas de pasalo ben e disfrutar dunha tarde divertida na que descubrirán multitude de anécdotas históricas relacionadas con Pontedeime. Debe cociñarse a lume lento, sen prisa, pero sen pausa, para acadar unha mezcla de sabores, texturas e olores que convirtan o prato nunha autentica delicia. Ainda que existe unha gran variedade de receitas de “Escape Room”, a que aqui vos presentamos ten coma novidade, o transfondo hsitórico, patrimonial e cultural de Pontedeume  Para acadar o resultado idóneo, o primeiro que teredes que facer, e conseguir un espazo adecuado para realizar a receita. Neste caso, nos, escollemos o Espazo Xove ou Casa da Xuventude de Pontedeume. A continuación, pense oito enigmas. Teña en conta que cada enigma terá que ter a súa corresponden solución. Os enigmas deberán ser inxeniosos, imaxinativos e ter un chisco de humor e algo de retranca (xa que estamos en Galicia, estes ingredentes, non poden faltar). Para conseguir que os enigmas estén ben cociñados, non olvide salpimentalos cuns gramos de historia de Pontedeume por conseguinte cunha boa dose de persoeiros da propia historia da vila galega. 650 anos son mooitos anos de historia e para facer un repaso pola ela, ninguén mellor que a ánima de Juan Freire de Andrade (peculiar e un tanto atolada esta nobre ánima). Un anaquiño de pintura durectamente dun lienzo do pintor Abelardo Miguel, un pouco de romero recollido de Pena Leboreira e uns anaquiños de peras para darlle dulzor ao prato. Sen dñúbida a fariña é imprescinblñe para dar consistencia (tede coidado. A fariña pode queimarse) Unhas chaves sempre son de agradecer para abrir algunhas portas ocultas. E de postre (hoxe hai postre): Melindres!

Bo proveito a todas e todos!

Receita Minecraft

Una nova receita fusión chega ao Caldeiro da nécora cocida. Sr non sabes que facer para descubrir as túas habilidades espaciais, nada mellor que premer o botón e crear un mundo novo no cal os límtes están na imaxinación e a creatividade.

Para esta receita é preciso unha consola. Advertimos que as consolas e os videoxogos conteñen alta gradación de diversión e que poden ser educativas coma calquer outro recurso didáctico. Dito isto, a continuación engadiremos un chisco de espacialidade. A espacialidade e un ingredente esencial xa que axuda a que o resultado final se vexa dende outra perspectiva. unha vez que o anterior ingredente estea máis ou menos controlado poderán observar coma se debuxa un sorriso nas caras dos  e das que están a xogar a este mundo creativo.  Se realmente queren que todas as partes do corpo cobren máis vida da que xa teñen prove a expremer unha gotiñas de psicomotricidade. Isto axudará ás persoas a adquirir destrezas nunca vistas ata ese momento. O resultado: unha gran ledicia. Por se fora pouco, a cooperación será outro dos ingredentes esenciais. Pero sen dúbida algunha o último condimento é a estrela da receita: a imaxinación. Sen a imaxinación nngún dos demáis ingredentes cobrarán vida e o sabor verase afectado.

Bo proveito!

Revirar e voar: obradoiro de origami

Un obradoiro de origami, no que se traballará a dimensión espacial, a psicomotricidade, o autocoñecemento, a imaxinación, a interación social e a concentración. Este taller estará impartido por un experto na técnica e dous monitores de tempo libre  que apoiarán ao profesor en todo momento para que a totalidade das crianzas participantes teñan unha experiencia completa e satisfactoria. A actividade situada no entorno do casco histórico de Betanzos concretamente no atrio de Santa María. Se as condicións metereolóxicas non foran factibles realizaríase na planta baixa do Conservatorio de Betanzos.

Antes de dar comezo ao obradoiro, terá lugar unha breve explicación da actividade tanto a pais coma crianzas da actividade a realizar por parte do profesor Origami. Ao seu lado estarán os aprendices Kirigami e Makigami para guiar na actividade ás persoas participantes. 

O obradoiro adicado a crianzas de entre 6 e 12 anos, fará as delicias nos cativos e fará voar a súa imaxinación e creatividade… pero tamén algo máis, xa que coma ccolofón e festa final terá lugar a inauguración da primeira flota de avións de origami da cidade betanceira. Unha flota que o mestre Origami e os seus aprendices deron en chamar a a BAF (Brigantium Air Force). Todo un logro sostible que só será posible grazas a inestimable axuda dos participantes!

Apuntádevos e … a voaaaaar!!

Eume Room: a escape room de Pontedeume

A Eume Room é unha escape room, un xogo fí­sico de aventuras na que a xente nova de Pontedeume terá que resolver unha serie de enigmas e crebacabezas empregando contrasinais, combinacións e estratexia para completar unha serie de obxectivos. A Eume Room está ambientada na historia de Pontedeume no que persoas ilustres de vila coma o nobre Fernando de Andrade, o Arcebispo Bartolomé Rajoy Losada, o escritor Ramiro Fonte Crespo entre outros e outras persoeiros e persoeiras. 

As persoas participantes terán unha hora para solucionar unha serie de enigmas a proposta destas persoas ilustres e descubrir as chaves agochadas nos diferentes espazos e estancias. A través de xeroglíficos, notas, mesaxes ocultas, candados e chaves coa historia de Pontedeume de trasfondo, pero tamén das e dos ilustres persoeiros e persoeiras, do seu patriminio cultural, arquitectónico e artístico, da sua contorna, terán que conseguir a chave da muralla da vila para sair da escape room. A cooperación e a interacción entre os e as participantes servirá coma marco para vivir unha aventura única e inesquecible para coñecer, redescubrir e divertirse coa historia segreda da vila de Pontedeume.

A escape room nécora chega a Pontedeume. Unha oportunidade única para achegarse á historia segreda e menos coñecida da vila galega. Pontedeume!

Minecraft: un mundo por descubrir

A través de una interfaz mol accesible, o videoxogo Minecraft permite interactuar con comodidade co mando da consola, gracias a unha organización e uns accesos moi claros e efectivos.O xogo é unha aventura de supervivencia e creación na que todo é posible.  Atopámonos nun bosque cúbico de gráficos sinxelos con texturas pixeladas e animación ríxidas coma un Playmobil. O obxectivo é cobixarnos, comer e sobrevivir. Como? construindo un refuxio, recollendo madeira, terra e pedra para a continuación construir con pico e pala. Todo esto únicamente coas nosas mans, Unha vez feito esto poderemos erguer a nosa propia casa e mesa de traballo. Nela pódese recolectar materias primas da nosa contorna, e co coñecemento suficiente, comenzaríamos a construir artefactos máis complexos para así seguir crecendo. Esto siginifica que poderemos crear vilas, cidades, castelos, sistemas de railes mecanizados, frábricas e ter un entramado no cal o desenrolo industrial chega ata a creación de restaurantes. Todo o que se pida imaginar, pódese construir con Minecraft, sempre e cando se tema paciencia e tesón.

Quizáis a parte máis bonita de hogar co Minecraft sea a faceta creativa-constructiva, xa que o videoxogo conta cun modo “creación”, no que todos os arquitectos, ou “cubiarquitectos” colocan bloques  para chegar a acabar construccións faraónicas, pero amén espasmos sostibles, ecológicos e libres de barreiras arquitecónicas. En definitiva, un xogo cheo de creativida e liberdade de acción no cal poden xogar ata oito xogadores de forma online, fomentando desta maneira o trabalho en equipo e toma de decisión de froma conxunta. Un femonomeno imparable na nova era dixital que propón novas formas de diversión.

Non vos perdades esta apaixoante xornada de videoxogo sostible e apuntádevos!!

 

Brigantium Room: escape room en Betanzos

Onte, día 18 de Outubro de 2019 celebrouse  en Betanzos, no Espazo Xove as 19:30, unha nova edición da Brigantium Room, a Escape Room da historia segreda de Betanzos.

A través de diferentes enigmas e quebracabezas, os participantes tiveron que agudizar o seu inxenio, trasladarse ao pasado e descubrir o que se agochaba tras as portas do tempo. Comandados por Juan García Naveira e polo vasalo dos Andrade, os participantes atopáronse fronte a fronte con mesaxes perdidas que chegaron ata os nosos días grazas  a os dous persoeiros antes mencionados. Así o pintor Francisco Lloréns puido comunicarlles o enigma  a resolver relacionado coa súa obra pictórica. Este, e moitos máis enigmas foron os que se plantexaron na xornada de onte. E… e que 800 anos, dan para moito, e Betanzos, antiga capital do Reino de Galicia, ten moita historia, un patrimonio cultural apaixoante e  persoeiros que sempre están dispostos a plantexarnos enigmas, quebracabezas, a darnos diversión aprendendo. Pero sobre todo, a darnos conta da inmensa sorte que temos de poder achegarnos, ainda que sexa durante unha hora  ao pasado tan bonito e precioso que garda Betanzos.

Sen máis, darlle as grazas a todas e todos os participantes que conseguiron a ansiada chave para abrir a porta. Grazas por resolver os enigmas, que ademáis o acadaron en nada máis e nada menos que en 52 minutos.

E vos… os e as que ainda non participástedes nunca na Brigantium Rooom, queredes facelo? Escribídenos!! e adentrádevos na outra realidade betanceira.

Andan tocar as badaladas!! bulide, bulide!!?? por quen tocarán!! para descubrilo, teredes que acompañarnos na Brigantium Room Betanzos.

Os nosos cociñeiros que son xentiña á que lle gusta compartir, déixanvos a receita da Escape Room para que se vos presta, os chamedes para adaptala e levar a cabo este clásico culinario actual!

 

Este saboroso prato é xa un clásico moderno. Ideal para grupos de amigos con ganas de pasalo ben e disfrutar dunha tarde divertida na que descubrirán multitude de anécdotas históricas relacionadas con Betanzos e co ser 800 aniversario. Debe cociñarse a lume lento, sen prisa, pero sen pausa, para acadar unha mezcla de sabores, texturas e olores que convirtan o prato nunha autentica delicia. Ainda que existe unha gran variedade de receitas de “Escape Room”, a que aqui vos presentamos ten coma novidade, o transfondo hsitórico, patrimonial e cultural de Betanzos.  Para acadar o resultado idóneo, o primeiro que teredes que facer, e conseguir un espazo adecuado para realizar a receita. Neste caso, nos, escollemos o Espazo Xove ou Casa da Xuventude de Betanzos. A continuación, pense quince enigmas. Teña en conta que cada enigma terá que ter a súa corresponden solución. Os enigmas deberán ser inxeniosos, imaxinativos e ter un chisco de humor e algo de retranca (xa que estamos en Galicia, estes ingredentes, non poden faltar). Para conseguir que os enigmas estén ben cociñados, non olvide salpimentalos cuns gramos de historia de Betanzos e por conseguinte cunha boa dose de persoeiros da propia historia da vila betanceira, coma poden ser Diana a Cazadora, os irmáns García Naveira ou o pintor Lloréns. Una vez os enigmas estén feitos, retírenos do lume e colóquen cada un nunha caixa ben feitiña que deberá ser aberta cunha chave. Como remate e para darlle un toque diferente, añádalle un pouco de leite de coco e un par de nécoras cocidas

Agora só queda disfrutar dun prato único, cociñado con agarimo.

 

 

Receita Batucada Móllate

 

A receita de hoxe é especial, xa que vai directo dende a boca ata a gorxa en forma de cóctel. Un granizado para o final da primaveira que fará que conquistedes aos vosos invitados nunha tarde calurosa.  Para a receita desta bebida refrescante teremos que crear unha base de zume. Este zume preparares con un agogó, un apito, unha caixa, unha cuica, unha ganza, un timbal e un tamboril. Mezclamos todos os ingredientes e acto seguido engadimos un pouco de lima e auga de coco. Agora, debedes meter a mezcla na nevera ata que esté ben frio. Mentres a bebida se está a enfriar, disfrazámosnos con materiais reciclados e collemos recipientes de prástico que soen ben para poder tocar música con eles.  Retirades a bebida da neveira e mezclades o último dos ingredentes: Os Kilomberos de Montealto.

Feito esto poñedes o mexunxe no conxelador durante media hora. Cando transcurra a media hora, retirades a mezcla, botádela nun vaso que se poida reciclar, e listo para beber.

Receita Brigantium Room

Os nosos cociñeiros que son xentiña á que lle gusta compartir, déixanvos a receita da Escape Room para que se vos presta, os chamedes para adaptala e levar a cabo este clásico culinario actual!

Se queres saber máis da última edición da Brigantium Room de Betanzos, preme o link

Este saboroso prato é xa un clásico moderno. Ideal para grupos de amigos con ganas de pasalo ben e disfrutar dunha tarde divertida na que descubrirán multitude de anécdotas históricas relacionadas con Betanzos e co ser 800 aniversario. Debe cociñarse a lume lento, sen prisa, pero sen pausa, para acadar unha mezcla de sabores, texturas e olores que convirtan o prato nunha autentica delicia. Ainda que existe unha gran variedade de receitas de “Escape Room”, a que aqui vos presentamos ten coma novidade, o transfondo hsitórico, patrimonial e cultural de Betanzos.  Para acadar o resultado idóneo, o primeiro que teredes que facer, e conseguir un espazo adecuado para realizar a receita. Neste caso, nos, escollemos o Espazo Xove ou Casa da Xuventude de Betanzos. A continuación, pense quince enigmas. Teña en conta que cada enigma terá que ter a súa corresponden solución. Os enigmas deberán ser inxeniosos, imaxinativos e ter un chisco de humor e algo de retranca (xa que estamos en Galicia, estes ingredentes, non poden faltar). Para conseguir que os enigmas estén ben cociñados, non olvide salpimentalos cuns gramos de historia de Betanzos e por conseguinte cunha boa dose de persoeiros da propia historia da vila betanceira, coma poden ser Diana a Cazadora, os irmáns García Naveira ou o pintor Lloréns. Una vez os enigmas estén feitos, retírenos do lume e colóquen cada un nunha caixa ben feitiña que deberá ser aberta cunha chave. Como remate e para darlle un toque diferente, añádalle un pouco de leite de coco e un par de nécoras cocidas

Agora só queda disfrutar dun prato único, cociñado con agarimo.

keep calm e faite un/unha
NÉCORA!

Somos uns nécoras pero respostamos rápido!