Onte, día 18 de Outubro de 2019 celebrouse  en Betanzos, no Espazo Xove as 19:30, unha nova edición da Brigantium Room, a Escape Room da historia segreda de Betanzos.

A través de diferentes enigmas e quebracabezas, os participantes tiveron que agudizar o seu inxenio, trasladarse ao pasado e descubrir o que se agochaba tras as portas do tempo. Comandados por Juan García Naveira e polo vasalo dos Andrade, os participantes atopáronse fronte a fronte con mesaxes perdidas que chegaron ata os nosos días grazas  a os dous persoeiros antes mencionados. Así o pintor Francisco Lloréns puido comunicarlles o enigma  a resolver relacionado coa súa obra pictórica. Este, e moitos máis enigmas foron os que se plantexaron na xornada de onte. E… e que 800 anos, dan para moito, e Betanzos, antiga capital do Reino de Galicia, ten moita historia, un patrimonio cultural apaixoante e  persoeiros que sempre están dispostos a plantexarnos enigmas, quebracabezas, a darnos diversión aprendendo. Pero sobre todo, a darnos conta da inmensa sorte que temos de poder achegarnos, ainda que sexa durante unha hora  ao pasado tan bonito e precioso que garda Betanzos.

Sen máis, darlle as grazas a todas e todos os participantes que conseguiron a ansiada chave para abrir a porta. Grazas por resolver os enigmas, que ademáis o acadaron en nada máis e nada menos que en 52 minutos.

E vos… os e as que ainda non participástedes nunca na Brigantium Rooom, queredes facelo? Escribídenos!! e adentrádevos na outra realidade betanceira.

Andan tocar as badaladas!! bulide, bulide!!?? por quen tocarán!! para descubrilo, teredes que acompañarnos na Brigantium Room Betanzos.

Os nosos cociñeiros que son xentiña á que lle gusta compartir, déixanvos a receita da Escape Room para que se vos presta, os chamedes para adaptala e levar a cabo este clásico culinario actual!

 

Este saboroso prato é xa un clásico moderno. Ideal para grupos de amigos con ganas de pasalo ben e disfrutar dunha tarde divertida na que descubrirán multitude de anécdotas históricas relacionadas con Betanzos e co ser 800 aniversario. Debe cociñarse a lume lento, sen prisa, pero sen pausa, para acadar unha mezcla de sabores, texturas e olores que convirtan o prato nunha autentica delicia. Ainda que existe unha gran variedade de receitas de “Escape Room”, a que aqui vos presentamos ten coma novidade, o transfondo hsitórico, patrimonial e cultural de Betanzos.  Para acadar o resultado idóneo, o primeiro que teredes que facer, e conseguir un espazo adecuado para realizar a receita. Neste caso, nos, escollemos o Espazo Xove ou Casa da Xuventude de Betanzos. A continuación, pense quince enigmas. Teña en conta que cada enigma terá que ter a súa corresponden solución. Os enigmas deberán ser inxeniosos, imaxinativos e ter un chisco de humor e algo de retranca (xa que estamos en Galicia, estes ingredentes, non poden faltar). Para conseguir que os enigmas estén ben cociñados, non olvide salpimentalos cuns gramos de historia de Betanzos e por conseguinte cunha boa dose de persoeiros da propia historia da vila betanceira, coma poden ser Diana a Cazadora, os irmáns García Naveira ou o pintor Lloréns. Una vez os enigmas estén feitos, retírenos do lume e colóquen cada un nunha caixa ben feitiña que deberá ser aberta cunha chave. Como remate e para darlle un toque diferente, añádalle un pouco de leite de coco e un par de nécoras cocidas

Agora só queda disfrutar dun prato único, cociñado con agarimo.