BRIGANTIUM ROOM

A ESCAPE ROOM DA HISTORIA SEGREDA DE BETANZOS

CARTEL DA ii brigantium room

PRE ESCAPE ROOM

As nécoras preparando o Espazo Xove de Betanzos para a nova edición da Brigantium Room.

AS NÉCORAS TRABALLADORAS

As nécoras dando os últimos toques aos enignmas da escape room ambientada na historia de Betanzos.

practicando a pose "naveira"

Coco sempre anda a poñer poses e “caras”. Nesta ocoasión andaba a practicar o seu papel coma Juan Naveira, un dos irmáns García Naveira.

A NÉCORA GRANDE

A nécora grande facendo das súas cun dos enigmas que terían que resolver os participantes.

ESTO PONSE INTERESANTE

Só quedan dous minutos para que os participantes entren na Escape!! pasade, pasade!!

xa entran, que nervios!

Os participantes comezan a entran. Nuns intres as portas quedaran seladas.

Vasalo, pecha as portas!

Juan García Naveira ordénalle ao vasalo dos Andrade que peche e sele as portas da Escape Room, para acto seguido explicarlles a súa misión coma dectectives do tempo.

o vasalo dos andrade

O vasalo dos Andrade e un liante e sempre está disposto a darlles aos participantes unha boa leria. Aquí anda a a pasalo en grande logo de explicarlles un dos enigmas.

Non todo é o que parece...

As veces as cousas máis evidentes teñen que verse doutro xeito para que teñan sentido.

QUE ESCONDEn AS AES?

As aes foron parte esenencial da Brigantium Room e aquí os participantes andaban a xuntar nelas para desentrañar o quebracabezas.

13 badaladas

Unha sirena! un barco! Será divertido decían, e foi, abofé que o foi!! e vos, sabedes a que nos referimos coas 13 badaladas?

A BRIGANTIUM ESTÁ A PIQUES DE REMATAR

Pero anida non… ainda quedan algúns enigmas.

xa case o tedes!

A piques de obter a resposta ao enigmna final.

POR FIN!

Logo de 52 intensos minutos por fin conseguiron a chave para escapar da Brigantium Room.

ESCAPE ROOM SOBRE LIENZO

 

GRAZAS A TODAS E TODOS