EUME ROOM

A ESCAPE ROOM DA HISTORIA SEGREDA DE PONTEDEUME

CARTAZ DA EUME ROOM

PRE ESCAPE ROOM

As nécoras preparando o Espazo Xove de Pontedeume, carretando e deixando a habitación lista para desentrañar os enigmas da Eume Room.

UNHA NÉCORA EN ESTADO DE TRANCE

A nécora pequena preparándose para entrar en contacto coa ánima Juan Freire de Andrade, persoeiro histórico de Pontedeume.

Juan Freire de andrade

Os e as participantes antentos a explicación da ánima de Juan Freire de Andrade.

DA COMEZO A EUME ROOM

A carreira por atopar a prezada chave que abre a habitación da comezo, e con ela chega o primeiro enigma. Algo esconden os cadros do pintor Abelardo Miguel.

o enigma das letras

Non todo o que ven os ollos a simple viste e a realidade. Que esconden as letras deste enigma?

entre luces e enigmas

Os e as escapistas andan a procura de da solución doutro enigma e nesta ocasión Juan Freire e o seu basalo andan a darlles unhas pequenas instrucións.

non é caldo, é sopa!

Atopar os nomes de lugares e de persoeiros históricos de Pontedeume non che nada fácil. Cantos levades xa?

estades no último enigma. Bulide!

Os e as escapistas están a cooperar e traballar en equipo e os resultados non podían ser mellores. Só teñen un enigma para chegar ao gran e definitivo enigma que lles dará a chave para sair!

CHAVE ACADADA

Un intre, só un segundo separa esta imaxe da gloria! Os e as participantes da Eume Room están a piques de acadar a ansiada chave.