A Eume Room é unha escape room, un xogo fí­sico de aventuras na que a xente nova de Pontedeume terá que resolver unha serie de enigmas e crebacabezas empregando contrasinais, combinacións e estratexia para completar unha serie de obxectivos. A Eume Room está ambientada na historia de Pontedeume no que persoas ilustres de vila coma o nobre Fernando de Andrade, o Arcebispo Bartolomé Rajoy Losada, o escritor Ramiro Fonte Crespo entre outros e outras persoeiros e persoeiras. 

As persoas participantes terán unha hora para solucionar unha serie de enigmas a proposta destas persoas ilustres e descubrir as chaves agochadas nos diferentes espazos e estancias. A través de xeroglíficos, notas, mesaxes ocultas, candados e chaves coa historia de Pontedeume de trasfondo, pero tamén das e dos ilustres persoeiros e persoeiras, do seu patriminio cultural, arquitectónico e artístico, da sua contorna, terán que conseguir a chave da muralla da vila para sair da escape room. A cooperación e a interacción entre os e as participantes servirá coma marco para vivir unha aventura única e inesquecible para coñecer, redescubrir e divertirse coa historia segreda da vila de Pontedeume.

A escape room nécora chega a Pontedeume. Unha oportunidade única para achegarse á historia segreda e menos coñecida da vila galega. Pontedeume!