información nécora

NOVAS COCONECORA

Nesta sección iremos informando a onde imos, onde estamos e que estamos a facer

EMPRENDE INNOVA

O pasado día 10 de Outubro as nécoras estivemos pasando unha xornada divertida na Cidade da Cultura do Gaiás, en Santiago de Compostela. A xornada estivo organizada por Acción contra el hambre.Esta foi a primeira edición do ano celebrada en Galicia. O concurso foi un encontro para compartir experiencias de emprendemento, aprendizaxe a través de obradoiros lúdicos e participativos e coñecemento de diferentes ideas de negocio das persoas participantes.

Coconecora estivo alí e ademáis de participar no concurso poidemos coñecer de primeira man a unha chea de persoas con grandes ideas e moita ilusión por crear proxectos empresariais cheos de paixón e iniciativas vinculadas ao crecemneto persoal, medioambiental, lúdico, gatronómico e sociocultural.

Foi unha oportunidade única para poñer en común preguntas que nos facemos todas e todos os que comezamos un proxecto de futuro empresarial: como comezar?, como mellorar? 

A través do networking, poidemos coñecer a emparasarias e empresarios que  levan xa un tempo desenvolvendo a súa actividade empresarial dende o Gaiás grazas a concursos de emprendemento e que coma súa experiencia nos deros chaves para continuar mellorando a nosa empresa sociocultural. 

 

Somos uns nécoras pero respostamos rápido!