A receita de hoxe é especial, xa que vai directo dende a boca ata a gorxa en forma de cóctel. Un granizado para o final da primaveira que fará que conquistedes aos vosos invitados nunha tarde calurosa.  Para a receita desta bebida refrescante teremos que crear unha base de zume. Este zume preparares con un agogó, un apito, unha caixa, unha cuica, unha ganza, un timbal e un tamboril. Mezclamos todos os ingredientes e acto seguido engadimos un pouco de lima e auga de coco. Agora, debedes meter a mezcla na nevera ata que esté ben frio. Mentres a bebida se está a enfriar, disfrazámosnos con materiais reciclados e collemos recipientes de prástico que soen ben para poder tocar música con eles.  Retirades a bebida da neveira e mezclades o último dos ingredentes: Os Kilomberos de Montealto.

Feito esto poñedes o mexunxe no conxelador durante media hora. Cando transcurra a media hora, retirades a mezcla, botádela nun vaso que se poida reciclar, e listo para beber.