Bo serán a todas e todo. Como xa ben sabedes, aos cociñeiros do Caldeiro da nécora cocida gústalles as receitas nas que as persoas interaccionan, cooperan e socializan.

Desta volta, voltamos cunha vella coñecida: a escape room. Coma nos gusta que cada receita teña o seu toque único, hoxe adaptamos a receita da escape room á historia de Pontedeume.

Como xa sabedes, é ideal para grupos de amigos con ganas de pasalo ben e disfrutar dunha tarde divertida na que descubrirán multitude de anécdotas históricas relacionadas con Pontedeime. Debe cociñarse a lume lento, sen prisa, pero sen pausa, para acadar unha mezcla de sabores, texturas e olores que convirtan o prato nunha autentica delicia. Ainda que existe unha gran variedade de receitas de “Escape Room”, a que aqui vos presentamos ten coma novidade, o transfondo hsitórico, patrimonial e cultural de Pontedeume  Para acadar o resultado idóneo, o primeiro que teredes que facer, e conseguir un espazo adecuado para realizar a receita. Neste caso, nos, escollemos o Espazo Xove ou Casa da Xuventude de Pontedeume. A continuación, pense oito enigmas. Teña en conta que cada enigma terá que ter a súa corresponden solución. Os enigmas deberán ser inxeniosos, imaxinativos e ter un chisco de humor e algo de retranca (xa que estamos en Galicia, estes ingredentes, non poden faltar). Para conseguir que os enigmas estén ben cociñados, non olvide salpimentalos cuns gramos de historia de Pontedeume por conseguinte cunha boa dose de persoeiros da propia historia da vila galega. 650 anos son mooitos anos de historia e para facer un repaso pola ela, ninguén mellor que a ánima de Juan Freire de Andrade (peculiar e un tanto atolada esta nobre ánima). Un anaquiño de pintura durectamente dun lienzo do pintor Abelardo Miguel, un pouco de romero recollido de Pena Leboreira e uns anaquiños de peras para darlle dulzor ao prato. Sen dñúbida a fariña é imprescinblñe para dar consistencia (tede coidado. A fariña pode queimarse) Unhas chaves sempre son de agradecer para abrir algunhas portas ocultas. E de postre (hoxe hai postre): Melindres!

Bo proveito a todas e todos!