Una nova receita fusión chega ao Caldeiro da nécora cocida. Sr non sabes que facer para descubrir as túas habilidades espaciais, nada mellor que premer o botón e crear un mundo novo no cal os límtes están na imaxinación e a creatividade.

Para esta receita é preciso unha consola. Advertimos que as consolas e os videoxogos conteñen alta gradación de diversión e que poden ser educativas coma calquer outro recurso didáctico. Dito isto, a continuación engadiremos un chisco de espacialidade. A espacialidade e un ingredente esencial xa que axuda a que o resultado final se vexa dende outra perspectiva. unha vez que o anterior ingredente estea máis ou menos controlado poderán observar coma se debuxa un sorriso nas caras dos  e das que están a xogar a este mundo creativo.  Se realmente queren que todas as partes do corpo cobren máis vida da que xa teñen prove a expremer unha gotiñas de psicomotricidade. Isto axudará ás persoas a adquirir destrezas nunca vistas ata ese momento. O resultado: unha gran ledicia. Por se fora pouco, a cooperación será outro dos ingredentes esenciais. Pero sen dúbida algunha o último condimento é a estrela da receita: a imaxinación. Sen a imaxinación nngún dos demáis ingredentes cobrarán vida e o sabor verase afectado.

Bo proveito!