Os cociñeiros nécora fixeron fai pouco unha nova receita. Unha receita que nunca antes prepararan e levaran a cabo. Trátase dunha complexa sucesión de ingredentes que necesitan moita pericia para que osabor final teña ese regusto a ledicia. Sen medo a trabucarnos, unha experiencia única que todas as crianzas degustarán de forma especial.

Para elaborar esta receita é preciso ter moitos papeis. A ser posible papeis de moitas cores diferentes e chamativos. Por suposto un mestre de cerimonias axeitado que nesta ocasión será o Mestre Origami e os seus leais axudantes Kirigami e Makigami. Matizamos que non é preciso ter experiencia previa, xa que seguindo as instrucción é sinxelo levar a cabo a elaboración de todas as figuras que te propoñas. Para isto é importante botarlle imaxinación. Por suposto, algo de creatividade e unhas más sen medo a dobrar e firmes. Iso si, un chisco de paciencia nunca ben mal! Quizáis a cooperación e un dos ingredentes que máis éxito teñen, xa que lle dan ao prato e a elaboración un non sei que, que, que sei eu!!

Se ademáis preparades o origami no casco histórico de Betanzos, entre soportais e boa xente, o éxito estará garantizado!