Un obradoiro de origami, no que se traballará a dimensión espacial, a psicomotricidade, o autocoñecemento, a imaxinación, a interación social e a concentración. Este taller estará impartido por un experto na técnica e dous monitores de tempo libre  que apoiarán ao profesor en todo momento para que a totalidade das crianzas participantes teñan unha experiencia completa e satisfactoria. A actividade situada no entorno do casco histórico de Betanzos concretamente no atrio de Santa María. Se as condicións metereolóxicas non foran factibles realizaríase na planta baixa do Conservatorio de Betanzos.

Antes de dar comezo ao obradoiro, terá lugar unha breve explicación da actividade tanto a pais coma crianzas da actividade a realizar por parte do profesor Origami. Ao seu lado estarán os aprendices Kirigami e Makigami para guiar na actividade ás persoas participantes. 

O obradoiro adicado a crianzas de entre 6 e 12 anos, fará as delicias nos cativos e fará voar a súa imaxinación e creatividade… pero tamén algo máis, xa que coma ccolofón e festa final terá lugar a inauguración da primeira flota de avións de origami da cidade betanceira. Unha flota que o mestre Origami e os seus aprendices deron en chamar a a BAF (Brigantium Air Force). Todo un logro sostible que só será posible grazas a inestimable axuda dos participantes!

Apuntádevos e … a voaaaaar!!